Non podemos seguir pagando alugueiros que nos afogan. Mentres os prezos soben sen freo, os nosos salarios non chegan. A vivenda é un dereito, non un negocio.

Organizámonos. Desde o Sindicato de Inquilinas e Inquilinos convocamos unha folga pola vivenda: unha resposta colectiva a unha crise que nos afecta a todas.

Por que unha folga?

Porque as solucións individuais non funcionan. Porque quen goberna non actúa. Porque só xuntas podemos cambiar as regras dun sistema que nos expulsa dos nosos barrios e das nosas cidades.

Que pedimos?

  • Regulación real dos alugueiros
  • Prohibición dos desafiuzamentos sen alternativa habitacional
  • Vivenda pública e accesíbel
  • Fin da especulación cos nosos fogares

Súmate

A folga é de todas. Dá igual de onde veñas ou canto pagues: se o alugueiro te afoga, este é o teu sitio. Infórmate, organízate coas túas veciñas e veciños, e únete.