11 de novembro · Folga xeral

Folga
xeral

Pola vivenda

Porque traballar xa non garante chegar a fin de mes, porque os alugueiros se comen os nosos salarios e porque os beneficios duns poucos seguen medrando. O 11N paramos o país.

11N, folga xeral pola vivenda
Faltan 25 días
para o 11N
+1.340comités en todo o Estado
108cidades mobilizadas
+4Mpanfletos repartidos
+600.000carteis pegados
Vivenda ✱ Salarios ✱ Pensións ✱ Servizos públicos ✱ Coidados ✱ Custo da vida ✱ Vivenda ✱ Salarios ✱ Pensións ✱ Servizos públicos ✱ Coidados ✱ Custo da vida

Vivenda e traballo

Unha mesma loita

O caseiro e o patrón apértannos polos dous lados. Por iso o 11N non é só unha folga laboral nin só unha folga de inquilinas: é unha folga xeral pola vivenda e contra o custo da vida.

Na túa casaInquilinas

Os alugueiros cómense os nosos salarios. Co teu sindicato de inquilinas: negociación colectiva, nin un desafiuzamento máis e quedámonos.

No teu choioTraballadoras

Paramos os centros de traballo. Sen salarios e pensións dignas e sen reducir a xornada non hai casa que se poida pagar.

No teu barrioVeciñas

Coidados, consumo, estudos, comercio: o 11N paramos tamén a vida que sostén o negocio duns poucos.

— Goberne quen goberne, conquistaremos o dereito á vivenda.

Isto é o que
esiximos o 11N

Seis reivindicacións para cambiar as regras do xogo: acabar cun sistema de vivenda baseado na especulación e crear un baseado en dereitos.

1

Casas para vivir, non para especular

2

Un gran parque público de vivenda (e que o paguen os ricos!)

3

Seguridade residencial: que non nos boten da casa

4

Baixada dos prezos

5

Dereitos sindicais en vivenda

6

Salarios, pensións e servizos públicos dignos

Como participar

Organizarse é o primeiro paso para cambialo todo

01

Monta un comité de folga

No teu choio, no teu barrio ou na túa vila. Axudámosche a comezar.

Escríbenos →

02

Organiza unha acción no teu barrio

Piquetes informativos, pegadas, asembleas: o 11N prepárase na rúa.

Ir →

03

Difunde nas redes

Cambia a túa foto de perfil, comparte os carruseis e as stories.

04

Descarga materiais

Bota a octavilla nos buzóns do teu bloque: se é de alugueiro, a de reivindicacións; se é mixto, a sociopolítica (moi pronto). O cartaz, pono no choio.

ES · CA · GL

O reto1.000 comités de folga · 25.000 persoas

Necesitamos constituír 1.000 comités territoriais de folga e sumar 25.000 persoas neles.

Queres montar un comité de folga?

Contacta connosco e axudámoste a crealo

[email protected]

Cada comité conta. Montas o teu?

Convocatorias

O 11N, en todas partes

Manifestacións, piquetes, asembleas e accións do 11N no Estado e fóra del. Moi pronto atoparás aquí todas as convocatorias, estatais e internacionais.

Confederación de Sindicatos de InquilinasSindicato de Inquilinas e Inquilinos de MadridSindicato de Inquilinas e Inquilinos de ZaragozaSindicato de Inquilinas e Inquilinos de CádizSindicato de Inquilinas e Inquilinos de SevillaSindicato de Inquilinas de MálagaSindicat de Llogateres de ValènciaSindicat d’Inquilines d’AlacantSindicat de Llogateres de CatalunyaCOSHACCGTLABIACIntersindical ValencianaCNTCo.basSolidaridad ObreraCUT GalizaELALa Intersindical (CSC)CIGCCOOUGTSTAS-CLMSTEIASCSATI
Puño con chaves

Non é a primeira vez

Cando as inquilinas e as traballadoras uniron as súas forzas

1915 Glasgow · 20.000 fogares en folga de alugueiros; 15.000 traballadores dos estaleiros rodean o tribunal.
1931 Barcelona · Preto de 100.000 persoas deixan de pagar o alugueiro e os sindicatos responden con folga xeral.
1969 Italia · Dez millóns paralizan o país pola vivenda: conxelación de alugueiros e 214.000 vivendas.
2018 8M · Folgas feministas: se as mulleres paramos, párase o mundo.

Dobre afiliación

Para ir á folga, organízate na casa e no choio

Sindicato de inquilinas

Deféndete fronte ao caseiro e garante que a folga pare a cidade.

Sindicato do teu choio

Asesórate, deféndete ante represalias e organiza o paro no teu centro de traballo.

11N · Paramos o país