Información legal
Aviso legal
Para dar cumprimento á Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE), e en particular ao seu artigo 10, ponse á disposición das persoas usuarias deste sitio web (as «Usuarias») o presente aviso legal (o «Aviso Legal»).
Este Aviso Legal regula o acceso e o uso do sitio web huelgaporlavivienda.org e as súas versións noutros idiomas, incluídas as accesibles desde os dominios vagaperlhabitatge.cat, folgapolavivenda.gal e etxebizitzagreba.eus (o «Sitio Web»), xestionado polo Sindicato Social de Inquilinas e Inquilinos de la Comunidad de Madrid.
O Sitio Web ten como finalidade informar sobre a folga xeral convocada o 11 de novembro de 2026 (a «Folga Xeral»), as súas reivindicacións e o seu programa, ofrecer materiais de difusión e facilitar a participación, incluída a adhesión de colectivos á Folga Xeral. O tratamento de datos persoais regúlase especificamente na Política de privacidade, e o uso de cookies, na Política de cookies.
1. Identificación do titular do Sitio Web
A entidade responsable da titularidade e da xestión principal do Sitio Web é:
- Titular: Sindicato Social de Inquilinas e Inquilinos de la Comunidad de Madrid (en diante, o «Sindicato de Inquilinas de Madrid»).
- N.I.F.: G-88083712.
- Domicilio social: Calle Tres Peces, 3, 28012 Madrid, España.
- Correo electrónico de contacto: [email protected].
- Datos rexistrais: inscrita no Rexistro de Asociacións da Comunidade de Madrid co número 38229.
Determinados tratamentos de datos persoais poden realizarse en corresponsabilidade coa Associació Sindicat de Llogaters i Llogateres, nos termos descritos na Política de privacidade.
- Entidade: Associació Sindicat de Llogaters i Llogateres (en diante, o «Sindicat de Llogateres»).
- N.I.F.: G-66992280.
- Domicilio social: c/ Casp, 43, bajos, 08010 Barcelona, España.
- Correo electrónico de contacto: [email protected].
A intervención do Sindicat de Llogateres como corresponsable non implica corresponsabilidade en todas as actividades de cada entidade, senón unicamente nos tratamentos que ambas determinen conxuntamente. Os boletíns ou comunicacións que cada entidade xestione por separado réxense pola información da entidade que xestione cada subscrición. No presente Aviso Legal, ambas as entidades poderán denominarse conxuntamente os «Sindicatos».
2. Obxecto e contidos do Sitio Web
O Sitio Web ofrece información sobre a Folga Xeral e outras iniciativas relacionadas co dereito á vivenda: o seu programa e reivindicacións, antecedentes históricos, sindicatos convocantes e formas de participar e afiliarse.
O Sitio Web inclúe un formulario para que os colectivos que o desexen comuniquen a súa adhesión á Folga Xeral. O envío deste formulario é voluntario e o tratamento dos datos facilitados réxese pola Política de privacidade.
A consulta e a publicación de convocatorias e actividades realízase a través da plataforma Participa (participa.huelgaporlavivienda.org), que se rexe polo seu propio aviso legal e pola súa propia política de privacidade.
O acceso ao Sitio Web é gratuíto, sen prexuízo dos custos de conexión a Internet ou de datos móbiles que cobre o provedor de telecomunicacións de cada Usuaria.
O Sindicato de Inquilinas de Madrid poderá actualizar os contidos do Sitio Web e este Aviso Legal para reflectir cambios normativos, técnicos ou organizativos. A versión vixente estará sempre dispoñible nesta páxina.
3. Dereitos de propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os elementos propios do Sitio Web (incluídos textos, deseños, ilustracións, fotografías, logotipos, marcas e outros contidos) correspóndenlles aos seus titulares lexítimos ou utilízanse coas licenzas ou autorizacións que procedan. Os logotipos dos sindicatos e organizacións que convocan ou apoian a Folga Xeral pertencen aos seus respectivos titulares e móstranse unicamente para identificalos.
As Usuarias poden utilizar o Sitio Web de forma persoal e non exclusiva, de acordo con este Aviso Legal e coa normativa aplicable. Salvo autorización do titular correspondente ou habilitación legal, non poderán copiar, modificar, distribuír, publicar nin explotar comercialmente elementos protexidos do Sitio Web, sen prexuízo do previsto a continuación para os materiais descargables.
Materiais descargables
O Sitio Web ofrece recursos descargables, como follas voandeiras, cartaces, dípticos, argumentarios e materiais gráficos para redes sociais, destinados a facilitar a información, a organización e a difusión da Folga Xeral e a defensa dos dereitos das persoas inquilinas.
Respecto dos materiais cuxos dereitos lle pertenzan ao Sindicato de Inquilinas de Madrid ou sobre os que dispoña de autorización suficiente, permítese a súa descarga, impresión, reprodución e distribución gratuíta, sen fins comerciais e para as finalidades indicadas. A colocación de cartaces e adhesivos deberá respectar a normativa aplicable. Non se permite alterar o sentido dos materiais, suprimir as súas referencias de autoría ou modificar logotipos sen autorización, nin destinalos a fins comerciais. Cando un material estea suxeito a condicións específicas ou a dereitos de terceiros, aplicaranse as condicións indicadas no propio recurso.
4. Regras de uso do Sitio Web
As Usuarias comprométense a utilizar o Sitio Web de forma lícita, dilixente e conforme á boa fe e ao ordenamento xurídico. En particular, queda prohibido:
- Utilizar o Sitio Web de forma que provoque ou poida provocar danos, interrupcións ou defectos no seu funcionamento ou nos dispositivos de terceiros.
- Introducir, transmitir ou publicar virus, código malicioso ou outros programas ou ficheiros prexudiciais.
- Utilizar os formularios do Sitio Web para enviar spam, cadeas de mensaxes, publicidade non autorizada ou outras comunicacións ilícitas.
- Vulnerar dereitos de propiedade intelectual ou industrial, de intimidade, de protección de datos ou outros dereitos das entidades responsables ou de terceiras persoas.
- Comunicar adhesións en nome de colectivos sen estar autorizado para iso, ou facilitar deliberadamente datos falsos.
- Acceder sen autorización a áreas restrinxidas, sistemas, servidores ou redes conectados ao Sitio Web, ou tentar eludir as súas medidas de seguridade.
- Realizar accións que provoquen unha carga desproporcionada ou innecesaria sobre a infraestrutura tecnolóxica.
Se se detecta un uso contrario a este Aviso Legal, poderán adoptarse medidas proporcionadas e amparadas legalmente, como non publicar unha adhesión ou limitar o acceso, cando resulte necesario para protexer as persoas usuarias, a seguridade ou o funcionamento do servizo.
5. Ligazóns a sitios de terceiros
O Sitio Web contén ligazóns a sitios web de terceiros, como os dos sindicatos e organizacións que convocan ou apoian a Folga Xeral, as súas páxinas de afiliación ou a plataforma Participa. Estas ligazóns ofrécense unicamente para facilitar o acceso a información de interese. O Sindicato de Inquilinas de Madrid non controla nin é responsable dos contidos, políticas de privacidade ou prácticas deses sitios, que se rexen polas súas propias condicións.
6. Responsabilidades e garantías
O Sindicato de Inquilinas de Madrid adoptará medidas razoables, atendendo á natureza do Sitio Web e ao estado da técnica, para procurar o seu correcto funcionamento e reducir erros e incidencias. Non obstante, non pode garantir a dispoñibilidade ininterrompida nin a ausencia absoluta de erros, vulnerabilidades ou interrupcións técnicas.
Na medida en que o permita a normativa aplicable, non se garante:
- A continuidade permanente ou a dispoñibilidade ininterrompida do Sitio Web.
- A ausencia absoluta de erros, virus ou outros compoñentes daniños, sen prexuízo das medidas de seguridade razoables que deban adoptarse.
- A invulnerabilidade absoluta dos sistemas nin a imposibilidade de que terceiros vulneren as medidas de seguridade.
- A exactitude, integridade ou actualización de toda a información facilitada por terceiros, sen prexuízo das obrigas legais que correspondan.
- A ausencia de incidencias causadas por provedores de infraestrutura, fallos de conectividade, mantemento, ciberataques ou outros feitos fóra do control razoable do titular.
As Usuarias deberán comprobar coa entidade convocante os detalles de calquera convocatoria ou actividade, incluídos posibles cambios de data, horario ou lugar, ou cancelacións.
7. Forza maior
O titular do Sitio Web non será responsable de atrasos ou interrupcións de dispoñibilidade que deriven de acontecementos fóra do seu control razoable, sempre que actúe conforme á normativa aplicable e adopte medidas razoables para reducir os seus efectos. Estas circunstancias poden incluír catástrofes naturais, interrupcións de enerxía ou telecomunicacións, medidas de autoridades públicas, incidentes graves de ciberseguridade ou fallos críticos de provedores, entre outros.
8. Atención ás Usuarias
As consultas, os erros de información ou as incidencias do Sitio Web poderán comunicarse a [email protected] ou a [email protected]. Para cuestións sobre tratamentos conxuntos de ambos os Sindicatos poderá contactarse tamén con [email protected].
9. Protección de datos e cookies
O tratamento de datos persoais regúlase na Política de privacidade do Sitio Web, e o uso de cookies e tecnoloxías similares, na Política de cookies.
10. Cláusula de salvagarda
A nulidade ou inaplicabilidade dalgunha cláusula non afectará o resto do Aviso Legal. A disposición afectada interpretarase ou substituirase, cando sexa posible, por outra válida que se aproxime á finalidade lexítima inicialmente pretendida.
11. Lexislación aplicable e xurisdición competente
Este Aviso Legal rexerase pola lexislación española e pola normativa da Unión Europea que resulte aplicable. En caso de controversia, serán competentes os xulgados e tribunais que correspondan conforme ás normas legais aplicables, respectando en todo caso os foros imperativos que lles correspondan ás persoas consumidoras e usuarias.
© 2026. Todos os dereitos reservados.
Última actualización: outubro de 2026.