Programa da folga xeral · 11N
Isto é o que
esiximos o 11N
É o momento de cambiar as regras do xogo. Hai que acabar cun sistema de vivenda baseado na especulación e crear un sistema baseado en dereitos. Por todo iso, a folga xeral do 11N esixe:
Casas para vivir, non para especular
- Recuperación das vivendas baleiras para o alugamento
- Eliminación dos pisos turísticos
- Prohibición da compra especulativa
Un gran parque público de vivenda(e que o paguen os ricos!)
- Imposto á riqueza para conseguir un millón de vivendas públicas en alugamento
- Expropiación a fondos voitre e bancos
- Construtoras públicas: que ninguén se forre co diñeiro de todo o mundo
Seguridade residencial: que non nos boten da casa
- Contratos indefinidos de alugamento
- Prohibición dos desafiuzamentos
Baixada dos prezos
- Baixada do 50% dos alugueiros e vinculación aos ingresos
- Fin dos abusos dos bancos coas hipotecas
- Control de prezos na cesta da compra, a enerxía e o transporte
Dereitos sindicais en vivenda
- Dereito a negociacións colectivas e ás folgas de alugueiro, como no mundo laboral
- Non máis multas por parar desafiuzamentos: derrogación da Lei Mordaza
- Persecución do racismo inmobiliario
Salarios, pensións e servizos públicos dignos
- Suba de salarios e pensións para recuperar poder adquisitivo
- Redución da xornada laboral sen redución salarial
- Reforzo dos servizos públicos e garantía de acceso ás subministracións básicas
Unha folga, moitas loitas
A vivenda atravesa todas as nosas loitas
A vivenda está no centro de cada loita. Busca a túa e leva esta mensaxe ao teu choio, ao teu centro ou ao teu barrio.
Cada vez custa máis cubrir as necesidades máis básicas
A división real non é entre inquilinas e propietarias, senón entre quen precisa unha casa para vivir e quen especula
Os alugueiros abusivos tamén afogan a quen levanta a persiana cada mañá
Os problemas que sofren non son inevitables; son conflitos con persoas concretas e podemos gañalos
Sen casa non hai liberdade. A vivenda tamén é unha loita feminista!
Defender a vivenda é defender o noso territorio fronte á especulación
Non se pode combater a exclusión social sen garantir o dereito á vivenda
Non hai pensións dignas se non hai vivenda digna
Traballar pola túa conta non debería significar vivir coa auga ao pescozo
A crise da vivenda é tamén unha crise de saúde pública
A crise da vivenda esnaquiza a infancia e fractura as aulas
Se non podes pagar un cuarto, non podes estudar na universidade pública