Non podemos seguir pagando alugueiros que nos afogan. Mentres os prezos soben sen freo, os nosos salarios non chegan. A vivenda é un dereito, non un negocio.
Organizámonos. Desde o Sindicato de Inquilinas e Inquilinos convocamos unha folga pola vivenda: unha resposta colectiva a unha crise que nos afecta a todas.
Por que unha folga?
Porque as solucións individuais non funcionan. Porque quen goberna non actúa. Porque só xuntas podemos cambiar as regras dun sistema que nos expulsa dos nosos barrios e das nosas cidades.
Que pedimos?
- Regulación real dos alugueiros
- Prohibición dos desafiuzamentos sen alternativa habitacional
- Vivenda pública e accesíbel
- Fin da especulación cos nosos fogares
Súmate
A folga é de todas. Dá igual de onde veñas ou canto pagues: se o alugueiro te afoga, este é o teu sitio. Infórmate, organízate coas túas veciñas e veciños, e únete.